As actividades do 8M en Porto do Son arrincan este venres cunhas xornadas de balde arredor da práctica do ioga

04 Marzo 2025

As actividades do Concello de Porto do Son para celebrar este 8M, Día Internacional da Muller, van dar comezo este venres cunhas Xornadas Gratuítas de Ioga nas instalacións da Piscina Municipal ou, en caso de que a situación climática así o aconselle, na Casa da Cultura de Portosín. As xornadas celebraranse en horario de 10:30 a 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas. As inscricións están abertas e pódense formalizar na recepción da Piscina ou ben chamando ao teléfono 604 051 189.

O programa de actividades do 8M prosegue o vindeiro domingo, 9 de marzo, día no que está prevista a realización da Andaina pola Igualdade, con saída desde o Monte Enxa ata Portosín, cun percorrido de 14 km e de dificultade baixa. Tamén haberá dispoñíbel unha saída ás 9:30 h desde Portosín con subida en bus ata Enxa. As inscricións están abertas a toda a veciñanza e deberán realizarse na oficina de deportes ou no 981 767 589.

Para o luns 17 de marzo o Viveiro de Empresas acollerá, en horario de 16:00 a 20:00 h, un curso de estilos de vida saudábeis e mindfulness. Esta actividade está financiada polo SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e realizaranse enviando unha solicitude ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

O venres desa mesma semana, 21 de marzo, o Viveiro de Empresas volverá a acoller outro curso, este destinado ao autocoidado emocional das mulleres. Esta formación realizarase en horario de 16:00 a 20:00 h e conta co financiamento do SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e realizaranse enviando unha solicitude ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Ademais, desde o mes de marzo e ata xuño están programados diversos obradoiros de benestar psicolóxico no viveiro de empresas. Esta actividade, financiada a través do Pacto de Estado, está aberta a toda a veciñanza e poderán inscribirse na área de Benestar Social ou a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Desde o Goberno animan a toda a veciñanza a participar neste completo programa do 8M, co obxectivo de expoñer as reivindicacións en materia de igualdade que teñen lugar polo Día Internacional da Muller.

Outros artigos

Porto do Son achega o seu apoio ao RC Celta de Vigo

Porto do Son súmase ao alento e apoio ao RC Celta de Vigo no seu soño de volver a competir en Europa a vindeira temporada.  Así, o Centro de Interpretación do Castro de Baroña loce desde este venres 23 de maio a bandeira do club galego como "mostra de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.