Activada a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra. Rexistrados xa refachos de 117 qm/hora en Lousame

19 Marzo 2025

A Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e Pontevedra. Para garantir a seguridade de persoas e bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso comezará esta madrugada, afectando o oeste e suroeste da Coruña e todo o litoral de Pontevedra. Agárdase vento do sueste de ata forza 9, con refachos moi fortes, e mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata 7 metros.

Como medida de precaución, a Secretaría Xeral para o Deporte suspenderá mañá a actividade deportiva federada no mar nas zonas afectadas. A restrición aplicarase desde as 5:00 horas durante todo o día no oeste da Coruña, ata as 17:00 horas no suroeste da provincia e ata as 15:00 horas nas Rías Baixas e Miño de Pontevedra.

A Xunta recomenda manterse afastado da liña de costa, evitando diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén insta a extremar as precaucións ao realizar actividades no mar e a revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.