“Accidentes”. Xulio Xiz

12 Marzo 2025

Alguén comentoume que o Concello de Lugo, diante do estado de obras da cidade, ten advertido que non se fará cargo dos danos sufridos polos viandantes nos accidentes que ocurran ao camiñar pola zona de guerra na que se ten convertido boa parte do recinto amurallado.

No caso de que eso fose certo – que parece discutible ao ser obrigado itinerario o espazo afectado por esta especial Dana – entendo que segundo as obras se vaian rematando así o espazo volverá a ser territorio liberado, como se supón que é o caso da rúa Quiroga Ballesteros, aínda que conserve feridas producidas no conflito.

Nese escenario, un amigo sufríu caída importante, a resultas da que ten fracturadas tres costelas, polo que entendo non fixo reclamación por considerar que foi algo fortuito. Pero no mesmo lugar fun a pasada semana testemuña dunha evidencia do problema. Unha lucense, manifestamente máis áxil do que puidera parecer, tropeza nunha intersección que (tectónica de placas?) presenta un escalón de varios centímetros, e a resultas do tropezón bota a correr para non caer, conseguindo a verticalidade despois duns axitados pasos, parándose despois a mirar cara atrás como se non acabase de crer a sorte de non estamparse contra o chan.

Non digo que deban abrir no concello unha linea especial de axudas para atención dos damnificados, senón atacar o mal de raiz para ir solucionando problemas que o tráfico vai creando, comezando por sinalar os casos máis ostensibles. Porque en calquera momento pode pasar un accidente serio que, previa reclamación legal, poida facer saltar a banca no concello.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.