Accidente de tráfico con persoa ferida leve na AG-11, no concello de Ribeira

22 Marzo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron sobre as 20:00 h de onte, venres 21 de marzo, a un accidente de tráfico na AG-11 no que un vehículo envorcou e unha persoa resultou ferida leve. 

A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía e non foi precisa a liberación da persoa ocupante, a cal non presentaba lesións de gravidade, pero foi trasladada ao hospital.

Os bombeiros provinciais colaboraron no operativo na retirada do vehículo da calzada e na limpeza de vía.

Ao lugar do accidente se achegaron tamén os servizos médicos do 061 de Ribeira, Garda Civil, GAEM, así como persoal de mantemento da autovía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...