Abertas as inscricións para participar na II Andaina Solidaria de BarbanTEA en Rianxo

20 Marzo 2025

O Concello de Rianxo informou de que xa están abertas as inscricións para participar na II Andaina Solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Baranza, BarbanTEA. Será unha andaina de trazado suave e accesíbel, de cinco quilómetros de percorrido, que discorrerá sobre todo polo paseo marítimo rianxeiro e a senda litoral de Taragoña. As inscricións pódense efectuar no Servizo de Deportes ou a través da web Emesports. Quen non poida ou non queira participar na andaina, pode contribuír á causa solidaria da asociación escollendo a opción “fila cero”. A quedada rianxeira a prol de BarbanTEA será o vindeiro 6 de abril, ás 10.00 horas, con punto de reunión na praza da Virxe de Guadalupe de Rianxo. Organiza BarbanTEA coa colaboración do Concello de Rianxo.

A andaina forma parte das actividades coas que o Concello celebra o Día Mundial do Autismo, o 2 de abril. Farao cunha programación especial orientada “a reivindicar a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación en todos os ámbitos da sociedade”. Ademais da andaina do día 6 de abril, durante os días previos levaranse a cabo diferentes actividades formativas e divulgativas orientadas aos clubs deportivos do municipio, entidades asociativas e ao conxunto da veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.