A Xunta licita as obras de rehabilitación das Torres de Catoira

25 Marzo 2025

Turismo de Galicia publicou a licitación das obras de mantemento e rehabilitación do conxunto monumental Torres de Oeste no Concello de Catoira, acción enmarcada no Plan Xacobeo NextGeneration posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de Bens de Interese Cultural de titularidade pública vencellados ao Camiño de Santiago. As empresas terán ata o 15 de abril para presentar as súas propostas e o importe da licitación ascende a 420.450,80 euros. A actuación licitada inclúe o retellado da cuberta da igrexa, restauración da imaxe do Apóstolo Santiago, colocación de novas portas, mellora do badalado da campá e colocación dun panel informativo exterior. Instalarase tamén unha nova caseta informativa, procederase á desmontaxe de pórticos da pérgola e recolocación de columnas como borde lateral de camiños e acondicionamento do paseo. Ademais, mellorase a iluminación exterior existente e realizarase o mantemento das zonas axardinadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.