A Xunta felicita o club de taekwondo Natural Sport de Ribeira polos numerosos triunfos da tempada

31 Marzo 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse cos adestradores e varios deportistas que obtiveron medallas en diversos campionatos

O conselleiro de Presidencia felicita ao club Natural Sport polos seus destacados triunfos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o club de taekwondo Natural Sport de Ribeira para felicitar aos seus adestradores e deportistas polos extraordinarios logros acadados nesta tempada.

En 2024, o club proclamouse campión en todos os campionatos galegos de categorías oficiais e nos seis puntuables para os campionatos de España, ademais de recibir numerosos recoñecementos nacionais e internacionais. Un dos maiores logros do pasado ano foi revalidar, oito anos despois, o título de campión de España de combate.

Entre os deportistas destacados no encontro estiveron AInara Piñeiro, ouro nacional en cadetes con só 11 anos; Dani Abeijón, ouro nacional cadete e clasificado para o mundial; Carla Sesar e Tomasa Franco, ouros júnior e líderes do ranking para o Europeo; e outros atletas que brillaron en competicións nacionais e internacionais, como Noa Romero, campioa de Europa sub21 e bronce no Campionato do Mundo Júnior.

O conselleiro eloxiou a traxectoria do club, recoñecido como Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado, así como o seu labor na promoción do deporte e na transmisión de valores como o esforzo, a superación e o espírito de equipo.

Ademais, destacou a importancia da ampliación do complexo deportivo A Fieiteira, inaugurado en setembro de 2024, que inclúe unha sala específica para taekwondo e que supuxo un investimento de 2,3 millóns de euros, dos cales 1,2 millóns foron achegados pola Xunta.

Con esta visita, reafírmase o compromiso co deporte galego e cos valores que este representa para as novas xeracións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.