A xarda e o lirio de Ribeira namoran aos asistentes do Galicia Fórum Gastronómico

25 Marzo 2025

A OPP83-Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira participou na décima edición do Galicia Fórum Gastronómico reivindicando a calidade da marca local Lirio de Ribeira e tamén doutros produtos destacados como a xarda capturada polos barcos de Santa Uxía. A presenza da cooperativa atraeu multitudes na demostración gastronómica (showcooking) de xarda e Lirio de Ribeira realizada pola OPP83 no Galicia Fórum Gastronómico.

A degustación, que contou coa excelente sabedoría culinaria da chef Begoña Vázquez, celebrouse este martes 25 de marzo ás 12.00 horas no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. “O evento gastronómico foi todo un éxito grazas á explosión de calidade alcanzada pola cociñeira, que potenciou o sabor destes dous peixes, azul e branco, capturado polos barcos da OPP83”, salientaron dende a Cooperativa Santa Uxía.

Vázquez, que na pasada edición do Galicia Fórum Gastronómico gañou o galardón de Mellor Cociñeira Galega de 2024, elaborou dous pratos con Lirio de Ribeira e xarda. O primeiro consistiu nun lirio feito no caldo das súas propias espiñas, tofu e ovas de xarda con salsa concentrada de tamarindo e codium. Pola súa banda, a segunda elaboración foi xarda asada con beurreblanc, ovas de troita, trufa e aceite de ortiga. A cociñeira, propietaria do restaurante Regueiro da Cova e coñecida polo programa televisivo A voltas co prato, subliñou a calidade dos produtos pesqueiros facilitados pola OPP83, facendo fincapé en que se trata de peixes “dunha frescura extraordinarias”.

A xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira, María José Casais, celebrou a excelente acollida que tivo a iniciativa entre os asistentes ao Galicia Fórum Gastronómico. Durante a súa intervención, Casais destacou o papel que ten a hostalería e a restauración galegas como principais embaixadores dos produtos pesqueiros das nosas costas: “Sen as cociñeiras e cociñeiros de Galicia, os nosos peixes e mariscos non terían a mesma repercusión. Por iso, é importante realizar este tipo de actividades e traballar xuntos como embaixadores da nosa gastronomía, un dos motores económicos de Galicia”.

Esta actuación está contemplada no Plan de Produción e Comercialización 2025 da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Con esta promoción, a OPP de Ribeira busca poñer en valor a produción da súa frota asociada e, ao mesmo tempo, contribuír a mellorar a información sobre rastrexabilidade (trazabilidade) e sobre os beneficios nutricionais dos produtos pesqueiros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.