A USC lidera un proxecto para facilitar o uso da información ambiental na xestión da produción marisqueira na ría de Arousa

14 Marzo 2025

O grupo de Física Non Lineal da USC liderado polo profesor da USC (Universidade de Santiago) e investigador do centro CRETUS ,Vicente Pérez Muñuzuri, xunto coa empresa Now Systems e o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, acaban de conseguir un contrato co Programa de Colaboración Nacional do Servizo Copernicus Mariño (2022-2028) para desenvolver o proxecto MOLL-e MALONE, un servizo de monitoraxe e predición costeira de apoio á acuicultura do berberecho e o mexillón para a ría de Arousa.

A ría de Arousa vista dende o monte da Curota, na Pobra, nunha imaxe de Santi Alvite (USC)

O principal obxectivo de MOLL-e MALONE é ofrecer “un servizo costeiro operacional que integre información, procedente de modelos de alta resolución e de diferentes fontes locais de datos observacionais in situ e en tempo real, a través dunha plataforma específica de interface de usuario (baseada na ferramenta NAUI) para apoiar as actividades de acuicultura na ría de Arousa”, explicaron os seus responsábeis.

Os socios do proxecto, asesorados polo INTECMAR e MeteoGalicia, pretenden que a ferramenta MOLL-e MALONE sexa quen de proporcionar información valiosa en zonas e lugares específicos de interese para a produción dos bivalvos coa fin de minimizar as posibles barreiras existentes no uso de datos medioambientais e a súa combinación con datos socioeconómicos. Deste xeito, axudarase na toma de decisións e mellorarase a xestión das actividades acuícolas locais.

MOLL-e MALONE, como dixemos, nace para mellorar a avaliación da calidade da auga na ría de Arousa, integrando os produtos de Copernicus Marino con modelos costeiros e observacións locais in situ proporcionadas polo Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia a través das súas institucións asociadas: MeteoGalicia, INTECMAR e CETMAR.

O proxecto MOLL-e MALONE vai desenvolver dous casos de uso. Un primeiro, de utilidade para o sector marisqueiro e liderado polo INTECMAR, que analizará as relacións entre os cambios en temperatura/salinidade e a produción de bivalvos, e un segundo coa finalidade de construír unha plataforma que mostre a relación entre os cambios ambientais co crecemento de mexillóns na ría de Arousa. Este último, guiado polo Centro Tecnolóxico do Mar- CETMAR,  emprega datos captados por sensores instalados en bateas da ría de Arousa no marco do  proxecto TransformAR.

Socios do proxecto
A USC é quen lidera este proxecto, que conta coa participación da empresa galega  NOW Systems (NOW) -provedor de servizos operativos e quen desenvolveu a ferramenta NAUI- e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), representante do Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia e quen deseñou o sistema de monitoraxe da batea, ademais de ser o interlocutor cos outros dous colaboradores clave, MeteoGalicia e INTECMAR.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...