A Ría da Estrela presenta na ITB Berlín 2025 o primeiro catálogo de peregrinacións marítimas pola Ría de Muros Noia

04 Marzo 2025

A Ría da Estrela e a Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia presentaron no marco da ITB Berlín 2025 o primeiro catálogo de peregrinacións marítimas pola Ría de Muros Noia. Esta iniciativa ofrece unha forma innovadora de realizar o Camiño de Santiago a través da navegación, recuperando unha tradición histórica utilizada por peregrinos do norte de Europa.

A ITB Berlín, considerada a feira máis importante do sector turístico mundial, conta este ano con 5.800 expositores, 1.300 compradores de primeiro nivel e prevé recibir máis de 100.000 visitantes. No evento, os representantes da navieira Sailway, que participa en nome do Camiño da Ría de Muros Noia, presentaron o catálogo de peregrinacións marítimas para 2025. Esta iniciativa inclúe propostas de Sailway, da Asociación de Náuticos de Galicia (ASNAUGA) e do Monte Real Club de Yates de Baiona.

A presentación contou coa visita de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, e Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, que destacaron o atractivo deste proxecto para o turismo galego.

Unha experiencia única de peregrinación

Segundo explicou José Antonio Marcote, responsable de comunicación da Ría da Estrela, esta iniciativa recupera unha tradición centenaria: “Estamos presentando unha maneira diferente de facer o Camiño de Santiago, a través da navegación, que era o principal medio empregado hai séculos polos peregrinos de Alemaña e do norte de Europa”.

Os interesados poden reservar barcos ou camarotes para vivir esta experiencia, navegando pola Ría de Muros Noia e seguindo unha ruta que rememora a viaxe de milleiros de peregrinos dende a Segunda Cruzada. A peregrinación está avalada pola Oficina do Peregrino e permite obter a Compostela tras completar 90 millas náuticas e percorrer os 12 últimos quilómetros a pé entre Bertamiráns e Santiago.

Tres rutas dispoñibles no Catálogo de Peregrinacións Marítimas 2025

  1. O Camiño Marítimo a Santiago con Sailway
    • Percorrido de catro días con saída do Monte Real Club de Yates de Baiona e chegada ao Real Club Náutico de Portosín.
    • Travesía de tres días navegando a vela polas Rías Baixas (Illas Cíes, Combarro, Sanxenxo, Pobra do Caramiñal, Muros, Noia e Portosín).
    • O último día inclúe traslado en vehículo ata Bertamiráns e unha camiñata de 12 quilómetros ata Santiago.
    • Varias opcións dispoñibles, desde o alugueiro de veleiros ata saídas mensuais con reserva de camarote.
  2. Travesía Náutica Xacobea con ASNAUGA
    • Dúzas rutas dispoñibles en veleiro, propio ou alugado.
    • Roteiro Sur (3-4 días): Vigo, Baiona, Rodeira, Sanxenxo, Portonovo, Ribeira e Portosín.
    • Roteiro Norte (4-6 días): Ares ou Ribadeo, visitando os clubs náuticos de Ares, Sada, A Coruña e Portosín.
    • Clubs náuticos distinguidos coa Q de calidade turística e con recoñecidos restaurantes galegos.
  3. Ruta Rías Baixas – Camiño de Santiago Ría Muros Noia
    • Organizada polo Monte Real Club de Yates de Baiona, do 30 de xuño ao 5 de xullo de 2025.
    • Navegación en grupo de ata 30 embarcacións, con ambiente de camaradería e eventos gastronómicos.
    • Percorrido polas paisaxes máis espectaculares de Galicia, como as Illas Cíes, Illa de Ons, Ría de Arousa, Faro de Corrubedo, Mar de Fisterra, Castro de Baroña e Ría de Muros Noia.
    • Seis etapas con saída de Baiona e chegada a Portosín, con paradas en Combarro, Portonovo, Pobra do Caramiñal, Muros e Portosín.

Toda a información sobre as rutas e as reservas está dispoñible nas páxinas web:

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...