A rapazada de Muros formouse en igualdade da man de Trécola e a función “Unha nena moi valente”

16 Marzo 2025

O programa do Concello de Muros destinado a conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, tivo múltiples ramificacións e vertentes. De feito, houbo unha homenaxe ás mulleres do serradoiro en Surribos organizada pola Asociación de Veciños A Ostreira coa colaboración do Concello (a homenaxe Antes que a memoria esqueza); obradoiros sobre igualdade e prevención de violencia machista nos IES de Fontexería e As Insuas; contacontos teatralizados a cargo do grupo Trécola no CEIP Ramón de Artaza, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP de Louro e a Escola de Educación Infantil de Muros; e un Café Feminista este sábado 15 coa presenza das psicólogas Áurea Brea e Alba Souto.

Os contacontros teatralizados consistiron na representación de Unha nena moi valente, unha obra que amosou á rapazada dos colexios, a través das reflexións dunha nena, “que a valentía e a forza están dentro de todas nós”. Foi unha actividade organizada desde as concellerías de Igualdade e Ensino en colaboración cos centros de primaria, “porque educar en igualdade é clave para construír unha sociedade máis xusta”, sinalou María Lago, alcaldesa de Muros, facendo fincapé na importancia de que a igualdade sexa un eixo transversal en todas as políticas municipais: “O feminismo ten que estar presente en todas as políticas do Concello. A concienciación sobre a igualdade ten que chegar a toda a veciñanza, especialmente á mocidade, porque son quen poden mudar co tempo as desigualdades que seguimos sufrindo as mulleres”.

Na función estiveron presentes as concelleiras de Igualdade e Ensino, Maruxa Martínez e Laura Rivadeneira.

Laura Rivadeneira quixo destacar o papel dos centros educativos: “Temos unha comunidade educativa que sempre ten as portas abertas para actividades que combinan entretemento e aprendizaxe. Accións coma esta espertan a curiosidade do alumnado e axudan a concienciar sobre valores fundamentais de xustiza e equidade social”.

Pola súa banda, Maruxa Martínez puxo en valor o traballo de Trémola Teatro: “Agradecémoslles o seu enfoque pedagóxico. Fixeron un grande traballo e demostraron que, cando achegamos a igualdade a través da arte, a rapazada non só se interesa, senón que queda enganchada e pide máis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.