A Pobra lanza unha nova edición do programa Envellecemento Activo

21 Marzo 2025

O Centro Sociocomunitario e do Benestar da Pobra do Caramiñal vén de presentar, en conxunto ca Concellería de Servizos Sociais da Pobra, unha nova edición do programa Envellecemento Activo, destinado a incrementar a calidade de vida e autonomía das persoas maiores do concello.

“Trátase de mellorar a autonomía e o benestar persoal da xente maior. Son actividades destinadas a manter o tecido social dun amplo sector da nosa veciñanza, de facilitar unha mellor calidade de vida a través dun estilo de vida activo, adiando no posíbel o deterioro físico e cognitivo”, indicou Ricardo Lago Símil, director do Centro Sociocomunitario de Pobra.

“É unha cuestión, tamén, de saúde. A medida que envellecemos, o acceso á vida social dificúltase, xerando problemas de reclusión e soidade. Dende a Concellería de Servizos Sociais seguiremos colaborando de xeito activo con toda iniciativa destinada a mellorar esta situación”, declarou a edil Amparo Cerecedo, concelleira de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal.

As inscricións, que se farán no propio Centro Sociocomunitario, permitirán ás persoas usuarias acceder a dous bloques semestrais das actividades
de Envellecemento Activo e de Musicoterapia. O primeiro ciclo semestral de cada actividade comezará en abril e prolongarase ate maio, iniciando o
segundo en outubro e rematando en novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.