A Pobra do Caramiñal será o escenario do I Concurso Fotográfico “A vila que inspirou Don Severo Carballo”

20 Marzo 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal ven de presentar o I Concurso Fotográfico “A Vila que inspirou Don Severo Carballo”; un concurso de fotografía que busca ser o pistoletazo de salida da 6o Edición dos Ciclos Victoriano García Martí.

“A iniciativa deste I Concurso Fotográfico nace da vontade de continuar innovando, ano tras ano, nos Ciclos arredor da figura de Victoriano García
Martí. Trátase de dar unha oportunidade ao conxunto dos veciños e veciñas de achegarse, participar, e coñecer mellor tanto a Victoriano como
á vila que o inspirou “, segundo declara a edil Patricia Lojo.

A inscrición neste concurso realizarse enviando un email ao Museo Valle Inclán, sendo o prazo entre o 20 de marzo e o 20 de abril. Haberá dous
premios, un primeiro de 300€ e un segundo de 100€ para os gañadores, e buscarase animar á participación da veciñanza. As fotografías serán con
técnica libre, deberán reflexar espazos que aparezan na novela e poderanse achegar ata dúas fotografías por persoa.
As bases do concurso están publicadas na páxina web da Consellería de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.