A Pobra celebra os días 15 e 16 de marzo a súa III Mostra da Camelia

09 Marzo 2025

A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal está mergullada na organización da vindeira convocatoria da Mostra da Camelia na Casa Mariñeira, da cal será a terceira edición. Celebrarase na fin de semana dos días 15 e 16 de marzo. A inauguración será no sábado, 15 de marzo, ás 12:00 h e a ela está previsto que asistan a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, e as persoas que colaborarán coa exposición da flor. A iniciativa vén da man dos expertos locais en cultivo da camelia Marisol e José Ramón, que atesouran unha ampla bagaxe en materia de plantación e exposición desta reputada flor dentro e fóra de Galicia. O obxectivo é mostrar a beleza e a riqueza de diversas especies que hai na contorna e para fomentar o interese sobre ela.

Dende a organización animan a que quen teña exemplares de camelia participe na exposición colaborativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.