A Pobra celebra o Día Mundial da Poesía cun recital

19 Marzo 2025

O vindeiro venres, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía, un festexo que nacía no ano 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da poesía. Dende A Pobra do Caramiñal queren unirse a esta celebración por segundo ano consecutivo e farano cun recital.

O Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí da Pobra acollerá na tarde do venres un recital de poesía ao que acudirán: Manuel Teira, Anxos Castro, María Fernández e Manuel López Rodríguez, catro autores da zona que estarán acompañados pola soprano noiesa Esperanza Mara.

“Logo do éxito do ano pasado, dende a Concellería de Cultura queremos poñer en valor unha vez máis a poesía e dar visibilidade aos e ás poetas, nun acto participativo ao que todo o mundo está convidado ”, sinalou Patricia Lojo, concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal.

Engadir que ao remate do recital dos autores e autoras convidadas, aquelas persoas do público que así o queiran poderán participar coa lectura dos seus poemas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.