A Pobra, colapsada pola multitudinaria manifestación contra Altri e a mina de Touro

22 Marzo 2025

Milleiros de persoas e centos de embarcacións concentráronse este sábado no municipio da Pobra do Caramiñal para manifestarse contra o proxecto que a empresa portuguesa Altri pretende instalar en Palas de Rei (Lugo) e contra a Mina de Touro. A vila e os seus accesos víronse colapsados pola afluencia de persoas procedentes de todos os recantos da xeografía galega.

A protesta foi convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), e deu comezo minutos despois das 12:30 horas desde a estación de autobuses da localidade.

Autor: Fran Domínguez

Antes do inicio da marcha, a presidenta da asociación veciñal Ulloa Viva, Pilar Naveira, destacou que, aínda que “é máis que probábel que o proxecto teña licenza administrativa, o que é 100% seguro é que non ten licenza social”.

Pola súa banda, o presidente da PDRA, Xaquín Rubido, solicitou a dimisión do conselleiro do Mar, Alfonso Villares; da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez; e da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

“Pensamos que a Xunta ten que cambiar de rumbo e o presidente, Alfonso Rueda, é o responsable”, afirmou Rubido, en referencia á postura do Goberno autonómico respecto ao proxecto de Altri e o seu impacto no medio ambiente e na economía do país.

Multitudinaria protesta na Pobra do Caramiñal contra proxectos industriais en Galicia*

A manifestación terrestre percorreu o tramo entre o porto da localidade e a praia de O Areal, mentres que no mar, diversas embarcacións pesqueiras concentráronse na Enseada do Caramiñal, evidenciando a oposición do sector marítimo a estas iniciativas industriais.

F. D.

Esta protesta multitudinaria tivo lugar poucos días despois de que o Goberno galego do Partido Popular aprobase a declaración de impacto ambiental para a instalación da planta de celulosa de Altri na comarca da Ulloa, o que avivou a indignación social e política.

O presidente da plataforma organizadora, Xaquín Rubido, sinalou que a mobilización busca atraer a atención das autoridades europeas e do Goberno central para evitar que a empresa portuguesa reciba financiamento público para o seu proxecto.

Embarcacións participantes na manifestación (foto: F.D.)

Entre os asistentes destacaron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro. Pontón reivindicou a voz do pobo galego, afirmando que “esta inmensa marea de dignidade está a dicir Altri non, Galicia si”, mentres que Besteiro cualificou o proxecto de “insostíbel” e “unha gran mentira”.

Entre as proclamas que se escoitaron na manifestación destaca unha que pon o foco no rexeitamento que previamente tivo o proxecto en Portugal: “Se é tan boa, que a manden para Lisboa!”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.