A Marea urxe ao Concello de Noia a impulsar a municipalización do SAF

28 Marzo 2025

A Marea de Noia, a través do seu concelleiro Manolo Seijas, emitiu un comunicado no que insta ao Concello a impulsar o proceso de municipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), logo do compromiso adquirido en 2022. O grupo reclama ao Goberno local que saia “deste estado de inacción” e “se reafirme no acordo plenario”. Este comunicado emitiuse coincidindo coa negativa do alcalde a levar a pleno a dita municipalización, sinalan dende A Marea. A Marea de Noia, principal impulsora da iniciativa, sinalou que “non entendemos como o Goberno primeiro defende a municipalización do SAF e despois de dous anos non fai nin unha soa xestión para levala a cabo. Están incumprindo un mandato plenario e traizoando a confianza das traballadoras e das persoas usuarias do servizo”.

Lembran, máis en detalle, que no pleno de novembro de 2022 aprobouse iniciar o proceso de municipalización do SAF, “un servizo esencial para garantir a atención ás persoas en situación de dependencia”. Desde entón, segundo denuncia Seijas, “o Executivo non deu ningún paso adiante, non hai informes, non hai estudos técnicos, non hai prazos. O único que hai é unha promesa incumprida. Se o Goberno non quería municipalizar o SAF, que o dixese en 2022. Pero agora non poden seguir mirando para outro lado”.

A Marea de Noia insiste en que equipo do Concello “debe poñer en marcha, de maneira inmediata, os trámites administrativos e técnicos necesarios para cumprir co acordo”. Así mesmo, exixe que se estableza un calendario con prazos definidos e que se garanta a participación das traballadoras e dos sindicatos no proceso. Seijas tamén reclama transparencia: “Queremos que o Goberno dea explicacións no pleno sobre que fixeron nestes dous anos e que informen periodicamente sobre os avances. Non imos permitir que isto quede nun caixón e que sigan xogando co futuro das traballadoras”.

Ademais, a formación propón impulsar unha acción formativa para que as traballadoras que carezan da titulación poidan regularizar a súa situación laboral. “Non só queremos municipalizar o servizo, senón tamén mellorar as condicións laborais e garantir que o SAF funcione como merece a veciñanza de Noia.”

Finalmente, Manolo Seijas advirte de que a Marea de Noia seguirá esixindo o cumprimento do acordo plenario: “Se o Goberno pensa que imos esquecer isto, está moi equivocado. Seguiremos presionando e denunciando ata que o SAF pase a ser un servizo público, estable e de calidade, tal e como se aprobou hai máis de dous anos.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.