A Irmandade Cristo da Misericordia e o Concello de Boiro presentan a axenda local de actividades para Semana Santa

27 Marzo 2025

A Irmandade Cristo da Misericordia e o Concello de Boiro presentaron a súa axenda conxunta de actividades para esta Semana Santa 2025. Na cita cos medios de comunicación celebrada este 27 de marzo no Consistorio, participou a concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto con Luís José López e outros membros da confraría, ademais do párroco de Boiro, Juan José Bermúdez.

O programa deste ano dará comezo o vindeiro sábado 5 de abril, Sábado de Lázaro, coa lectura do pregón por monseñor Francisco Javier Frojan Madero e imposición de medallas aos novos confrades ás 20.30 horas na Igrexa de Boiro. Os días 9 e 10 de abril ás 20.00h celebrarase o Triduo á Virxe das Dores e o 11 de abril festividade as Dores ás 20.30h con misa e procesión.

Para o domingo de ramos, 13 de abril, será ás 11.00 horas a convocatoria na Igrexa e ás 11.30 horas bendición e Ramos no Cruceiro de Bao, procesión e misa solemne. O mércores santo, 16 de abril, ás 22.30 horas terá lugar a procesión da Nosa Señora da Piedade.

Os días máis grandes da Semana Santa en Boiro son o Xoves Santo, coa celebración ás 20.30 horas da misa da cea de Cristo, Lavatorio, Hora Santa e, sobre as 22.00 horas, procesión del Ecce Homo e Virxe da Amargura; e o Venres Santo, cando se celebra ás 19.30 horas a Paixón de Cristo, ás 20.30 horas o desencravo e ás 21.30h a procesión do Santo Enterro.

A programación de actos continúa o sábado coa celebración da solemne vixilia pascual ás 21.00 horas e remata o domingo coa misa solemne de Pascua ás 12.00 horas.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu á Irmandade Cristo da Misericordia o esforzo que realizan durante todo o ano para sacar adiante “esta programación litúrxica e cultural para que a Semana Santa de Boiro sexa un referente na comarca e que atraia cada vez a máis veciños e visitantes”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.