A Deputación organiza o 5 abril en Santiago a III edición da carreira “Os 10.000 Peregrinos”

31 Marzo 2025

A carreira, con saída e meta na praza do Obradoiro, contará con atletas de talla internacional como Adrián Ben e Alice Finot e aspira a superar os 2.100 participantes da edición anterior. Haberá carreiras para todos os públicos: 10k, 5k, 2k e andaina popular

A Deputación da Coruña presentou hoxe en Santiago a terceira edición da carreira “Os 10.000 Peregrinos”, unha das grandes citas do atletismo galego, que terá lugar o sábado 5 de abril con saída e meta na Praza do Obradoiro. O evento, que conta co apoio do Concello de Santiago e da Federación Galega de Atletismo, aspira a superar os 2.100 participantes da edición anterior.

O acto contou coa participación do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

Formoso, destacou que esta carreira naceu en 2023 co obxectivo de consolidarse como unha proba de referencia dentro do panorama atlético galego. “Queremos que sexa unha carreira para todo o mundo, sen barreiras, onde tanto atletas de élite como afeccionados e familias poidan gozar dunha xornada de deporte no centro histórico de Compostela. Esta é unha proba que non deixa a ninguén atrás”, asegurou.

Para esta edición, xa está confirmada a participación de dous campións de Europa: Adrián Ben e Alice Finot, que se sumarán a un elenco de corredores de primeiro nivel. Ademais, a proba manterá o seu formato con tres distancias (10, 5 e 2 quilómetros) e unha andaina, para que todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física, poidan formar parte deste evento.

Formoso subliñou que a organización desta carreira forma parte do seu compromiso por fomentar a práctica deportiva en toda a provincia. “Durante todo o ano promovemos iniciativas como o Circuíto de Carreiras Populares da Deputación, que leva o atletismo a 35 municipios, cunha previsión de superar os 15.000 participantes”, lembrou o presidente provincial.

A terceira edición de “Os 10.000 Peregrinos” promete volver ser unha gran festa do deporte, consolidando esta cita como un referente do atletismo galego. “O noso obxectivo é que o deporte chegue a todos os públicos e a todos os concellos”, concluíu o presidente da Deputación, animando a toda a cidadanía a participar nesta xornada deportiva e festiva.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro, agradeceu que a Deputación elixira como sede deste gran evento deportivo “á cidade máis bonita do mundo”. “É unha proba de gran nivel e Santiago sempre responde”, afirmou.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, destacou que “hai moi poucas probas nas que poidamos ver atletas deste nivel, é case a única en Galicia e está chamada a ser unha referencia” e agredeceu “o apoio permanente da Deputación da Coruña ao atletismo galego”.

As inscricións xa están abertas en www.carreirasgalegas.com

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.