A Deputación da Coruña investirá este ano 11,3 millóns de euros en obras de conservación das estradas provinciais

01 Marzo 2025

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres 28, por unanimidade, a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais, que en 2025 estará dotado cun orzamento de 11.383.203 euros, un 3,5% máis que o ano pasado.

“O plan contempla a execución de obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación dos máis de 2.000 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións e aumentar a seguridade viaria nas estradas da provincia”, explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta cun plan de reparacións urxentes e outro destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, que supón un investimento adicional de 3,8 millóns en 2025. Esta partida orzamentaria inclúe a limpeza das marxes de todas as estradas varias veces ao ano, para mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

Os programas de Conservación, reparacións urxentes e roza das estradas provinciais suman este ano un investimento de máis de superior aos 7.200 euros por quilómetro.

PLAN CONSERVACION DE ESTRADAS 2025
(1ª Fase)

DENOMINACIÓN DA OBRAIMPORTE / €
GRUPO 1A – Ortigueira259.037,66
GRUPO 1B – Cariño195.487,32
GRUPO 2 – Mañón e As Pontes189.058,87
GRUPO 3 – Cedeira, Cerdido e Valdoviño331.122,89
GRUPO 4 – Ferrol e Narón643.011,13
GRUPO 5 – Moeche, San Sadurniño e As Somozas193.470,05
GRUPO 6 – Ares, Fene, Mugardos e Neda328.824,81
GRUPO 7 – Cabanas, Miño, Paderne e Pontedeume214.111,88
GRUPO 8 – As Pontes, Irixoa, Monfero e Vilarmaior337.291,84
GRUPO 9 – Oleiros e Sada449.512,71
GRUPO 10 – Cambre, Bergondo e Betanzos449.744,56
GRUPO 11 – Abegondo, Carral e Oza-Cesuras449.279,47
GRUPO 12 – Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis e Oza-Cesuras487.571,61
GRUPO 13A – Frades, Ordes, Oroso e O Pino342.392,84
GRUPO 13B – Boimorto, Mesía e Vilasantar300.188,88
GRUPO 14 – Melide, Santiso, Sobrado e Toques449.322,50
GRUPO 15 – Arzúa, Boqueixón, O Pino e Touro351.512,13
GRUPO 16 – Arteixo, A Coruña e Culleredo449.079,12
GRUPO 17 – Carballo, Cerceda e Laracha449.599,43
GRUPO 18 – Cabana, Malpica e Ponteceso367.316,41
GRUPO 19 – Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo196.768,19
GRUPO 20 – Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos207.599,18
GRUPO 21 – Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra337.233,53
GRUPO 22 – Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra375.333,08
GRUPO 23 – Mazaricos, Muros e Outes444.319,78
GRUPO 24 – Boiro, Lousame e Noia341.047,85
GRUPO 25 – Brión, Dodro, Padrón e Rois330.481,86
GRUPO 26 – Ames, Santiago, Teo e Vedra330.525,27
GRUPO 27 – Boiro e Rianxo297.574,63
GRUPO 28 – A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira465.125,60
GRUPO 34 – D.P. 1914 Carballo a Portomouro260.072,39
GRUPO 35 – Coristanco, Santa Comba e Zas341.777,31
GRUPO 36 – D.P. 3404 Serra de Outes a Dumbría218.408,55
TOTAL……………………………….11.383.203,33

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.