A Creba en Noia ampliará os seus servizos cun novo local para persoas con enfermidades mentais, apoiado pola Xunta de Galicia

31 Marzo 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visita o novo local da Creba en Noia

Esta mañá, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou o novo local da Creba en Noia, un espazo que permitirá ampliar os servizos destinados á atención das persoas con enfermidades mentais. O proxecto inclúe a creación dun centro ocupacional e dunha minirresidencia, e contou co apoio da Xunta de Galicia, que xa destinou máis de 350.000 euros para esta iniciativa.

Abeijón destacou que, no ano 2023, o Executivo galego concedeu unha achega de 150.000 euros a través das axudas do IRPF para que a entidade adquirise o inmoble. No ano seguinte, destináronse máis de 200.000 euros, tamén con cargo ao 0,7% do IRPF, para a adecuación e acondicionamento do local.

Durante a visita, a directora xeral coñeceu de preto os traballos realizados no centro ocupacional, orientados a mellorar e potenciar as capacidades dos usuarios. Neste sentido, resaltou que o goberno galego financia 8 prazas neste servizo, cun investimento de preto de 60.000 euros.

A directora xeral subliñou o compromiso da Xunta de Galicia co reforzo dos servizos de atención e coidado, así como coa promoción da autonomía das persoas con discapacidade. Abeijón agradeceu o esforzo da asociación A Creba e enxalzou o seu labor na integración sociolaboral das persoas con problemas de saúde mental.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.