A Casa Forestal de Baroña acolle este sábado unha xornada sobre transformación da madeira do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

27 Marzo 2025

Seguen as actividades participativas, divulgativas e ambientais do Laboratorio Ecosocial da Barbanza. Este sábado 29 de marzo a Casa Forestal de Baroña, en Porto do Son, celebra unha Xornada de Transformación da Madeira, tanto pola mañá como pola tarde, ofrecendo” oportunidades de ver en acción unha ampla variedade de maquinaria punteira do sector forestal”.

Axenda

10:00 a 12:00 h Primeiro pase: Demostración de maquinaria

Serradoiros portátiles de Logosol

Biotrituradora de ramas Amura

Motoserras Husqvarna

Tronzadora de leña Benza

Coordinada por distribuidoras oficiais: Timber Tools, Recambios Blanco e Agrícola Rodríguez.

12:00 a 13:30 h Faladoiro con profesionais do sector da madeira Do monte á industria

Moderada por Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña.

Con intervencións de:

– Francisco M. Romero González (Maderas Romero Cambeiro)

– Rodrigo Mosquera (TresOficios)

– José Manuel Silva Ferreira (Silva Forestal)

– Ramón Collazo Mosquera (Estaleiro Catoira de Rianxo e AGALCARI)

16:00 a 18:30 h Segundo pase: Demostración do uso de serradoiros portátiles

(Repetición do pase da mañá)

O evento está organizado pola Plataforma pola Defensa do Monte no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, en colaboración coa Comunidade de Montes de Baroña.

O Laboratorio está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Para calquera dúbida podemos contactar co Laboratorio Ecosocial do Barbanza a través de info@barbanzaecosocial.org / prensa@fundacionria.org ou no 881 150 071.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.