A Aula CeMIT de Ribeira achega en abril novas probas, obradoiros sénior e un campamento para a rapazada en Semana Santa

13 Marzo 2025

Despois dun intenso Entroido Dixital e debido á grande demanda dos alumnos e alumnas na procura de formación dixital de utilidade, a Aula CeMIT de Ribeira presenta novos cursos xunto cun obradoiro para a Semana Santa Dixital. A presentación destes cursos correu a cargo do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, que informou de todas as actividades e cursos polo miúdo.

O programa inclúe a celebración dun campamento dixital para rapaces de 12 a 14 anos (impartido por Cibervoluntarios e encadrado, precisamente, na Semana Santa Dixital).

O concelleiro puxo en valor e agradeceu o traballo que se está facendo dende a Aula CeMIT de Ribeira “que vén de ser elixida xunto a Cuntis as aulas máis activas de Galicia”.

Venres, día 4 de abril

Exame para acadar a certificación COMDIX (Certificado de Competencias Dixitais, nivel Iniciación). Esta proba vén con dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 ho horas.

Semana do luns 07 ao venres 11

Curso intensivo de LibreOffice nivel medio (10 horas), a desenvolver con horario de 10.00 a 12.00 horas (para persoas que xa parten dun mínimo de nivel de LibreOffice). Inclúe contidos de Writer (nivel medio), Calc (nivel medio), Base (nivel mdio) e Impress (nivel medio).

Días 14, 15 e 16 de marzo de abril

Semana Santa Dixital. Actividade formativa a desenvolver de 10:00 a 13:00 horas. Inclúe un Campamento Dixital impartido por Cibervoluntarios e para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Porase o foco en hábitos saudábeis de desconexión e benestar dixital; uso consciente e responsábel de Internet e redes sociais; recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación en liña; coidado da privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais; e detección e prevención de situacións de ciberacoso.

Xoves 24 de abril

En horario de 10:30 a 11:30 horas celebrarase un obradoiro impartido por FEGAUS (Canal Sénior) para persoas maiores:Iniciación á improvisación: socializa e activa a túa mente. As charlas e obradoiros están orientados a persoas maiores de 55 anos, e co obxectivo de axudar a mellorar a calidade de vida con actividades que falan de benestar, cultura, tecnoloxía, saúde física e mental, viaxes e emprendemento sénior. Neste obradoiro, haberá varios módulos: Aprender a quentar, a despertar a memoria e a concentración; Expresión corporal e oral a través das emocións; Breve explicación e partes dunha improvisación; Creación e circunstancias do personaxe no momento da acción; e Exercicio final de improvisación.

Venres, día 25 de abril

En horario de 11:00 a 13:00 horas celebrarase o Exame da Plataforma EMA. É un conxunto de probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA, Espazo Multimedia de Aprendizaxe, que é unha plataforma de auto-formación na que, a través da páxina de formación da Rede CeMIT, os usuarios poden facer cursos online con dereito a diploma. Unha vez rematados os cursos (un ou máis de un), para acadar dito diploma deben facer o/os exame/s nunha Aula CeMIT o día que a Aula teña reservado para o exame da Plataforma EMA.

O concelleiro rematou incidindo na importancia dos Campamentos Dixitais para nenos e nenas “con vistas a que interioricen a formación para posíbeis ameazas na Rede; saber como comportarse e saber prever situacións de ciberacoso”. Rematou anunciando que “pouco a pouco irase subindo de nivel con cursos diferentes que enriquecerán o panorama dixital do concello”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...