A Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira presenta a súa Duodécima Gala-Cea

15 Marzo 2025

Manuel Ayaso, o colectivo Francisco Lorenzo e o cirurxián Salustiano Gonzaléz Vinagre serán galardoados na gala-cea do Cancro de Ribeira

A Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira celebrou a presentación da súa Duodécima Gala-Cea, un acto que terá lugar o próximo sábado 12 de abril de 2025 no Restaurante Chicolino de Boiro. A comparecencia estivo encabezada polo tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño, e a presidenta da asociación, María José Carreira, acompañados por dous membros da entidade.

A gala comezará ás 20:30 h, seguida dunha cea ás 22:00 h. A presidenta Carreira explicou que a celebración terá lugar no Salón de Eventos Chicolino, un espazo que permite acoller ata 500 persoas, o único da comarca cun aforo tan grande. O prezo por comensal será de 50 euros, o que inclúe a cea e os donativos, así como os custos do transporte de ida e volta. As entradas estarán á venda na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Ribeira (Rúa Estatuto, nº1), os luns, mércores e venres de 11:00 h a 13:00 h, e os mércores pola tarde de 17:30 h a 19:30 h.

Neste evento, que se consolida como un dos máis importantes na loita contra o cancro na comarca, entregaranse tres recoñecementos. O primeiro será a título póstumo ao artista Manuel Ayaso, en recoñecemento á súa implicación e compromiso co municipio de Ribeira e a súa veciñanza, destacando a súa colaboración con esta asociación dende os seus inicios en 1998. O segundo galardón, en forma de recoñecemento colectivo, irá para a Asociación Cultural Francisco Lorenzo de Aguiño, polo seu apoio constante aos colectivos máis desfavorecidos e á súa forte presenza na contorna. O terceiro recoñecemento será para o doutor Salustiano González Vinagre, en gratitude pola súa labor na investigación de enfermidades oncolóxicas e a súa contribución como o primeiro xerente do Hospital Comarcal do Barbanza.

María José Carreira rematou a súa intervención agradecendo o apoio constante da concellería de Servizos Sociais, encabezada polo tenente de alcalde Vicente Mariño, e, por extensión, ao propio Concello de Ribeira.

O acto finalizou coas palabras de Vicente Mariño de Bricio, quen tamén agradeceu o traballo da asociación e se mostrou sorprendido polos galardoados desta edición, destacando especialmente a relación de todos os premiados coa parroquia de Aguiño, a súa terra natal. Mariño subliñou a importancia de apoiar a investigación na loita contra o cancro, lembrando que, segundo os datos do Observatorio da Asociación Española Contra o Cancro, cada ano se diagnostican máis de 200.000 novos casos de cancro en España. O tenente de alcalde resaltou que, máis que palabras, o que se precisa son recursos para a investigación, algo no que a Asociación Española Contra o Cancro xoga un papel fundamental. Finalmente, puxo en valor a solidariedade da sociedade ribeirense, animando a todos a seguir traballando xuntos na loita contra esta enfermidade.

Este evento promete ser unha nova mostra da forza da comunidade ribeirense na súa loita contra o cancro, onde a solidariedade e o compromiso coa investigación serán os protagonistas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...