A 9ª edición do Certame de Curtas Alberto Romero celebrará unha gala o 26 de abril no Auditorio de Ribeira

28 Marzo 2025

O concurso de curtametraxes da nosa comarca, o Certame de Curtas Alberto Romero, está a piques de celebrar unha década de actividade, e para conmemoralo culminará este frutífero período de traballo creativo nunha gala especial no Auditorio de Ribeira, que incluirá a entrega dos galardóns mesturados con humor e música e, por suposto, de curtas. Na presentación da gala (celebrada este venres 28 de marzo) participaron a concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, a concelleira de Promoción Económica, Genoveva Betanzos máis o presidente da entidade, Santiago García.

O certame audiovisual de curtas Alberto Romero naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse decontado as ANPAs San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

A concelleira de Cultura anunciou que esta Gala celebrarase o sábado 26 de abril ás 19:00 h onde haberá entrega de premios, música, humor xunto coa proxección das curtas premiadas. A gala será presentada por Fany Pérez e Vanesa Ordoñez e tamén haberá unha banda especial para a ocasiónconformada por Thais Suki, Helena Figueiras, Marga Loureda, Daniel Martís, Chumi, Juan Ciego e José Andrés Mariño. Os artistas convidados serán: Antonio Bermo, Flow do Norte, Sandra Folgar, Brumeigho Folk, El Clan de los Impostores, Sue Moreno e Lidia Veiga.

Antía Alberte sinalou que “este certame está aberto aos institutos pero tamén hai agora unha categoría libre e outra para centros de diversidade”. Engadiu “que é un certame que ten a intención de achegar ao mundo audiovisual á mocidade para que expresen diferentes temáticas a través do vídeo”. A concelleira rematou resaltando que “como palmeirá teño que dicir que é un orgullo celebrar esta actividade impulsada principalmente dende a miña vila e estar agora aquí como concelleira presentándoa; penso que Alberto estaría orgulloso do que se conseguiu”.

Pola súa banda, Santiago García amosou a súa ledicia por volver a Ribeira: “Estamos presentando esta gala que culmina na nosa actividade durante todo o ano, agora mesmo o xurado acaba de facer o seu traballo”. Falou da gala salientando que “isto vén sendo unha festa coma os Óscars, os Goya, para dar o seu minuto de gloria á xente que participou e estamos moi contentos de volver a Ribeira que foi onde naceu este certame, e desta vez, temos máis de catrocentos asentos porque sempre se pelexa a xente polas entradas que son de balde”.

O número total de curtas que se presentaron foron 45. Seguindo este fío, García sinalou “que non é a edición coa maior número de curtas presentadas pero quero facer fincapé na calidade”. As bases do concurso son de temática libre pero si que se valora a crítica social, a lingua galega “pero son de libre composición” engadiu García.

As categorías son primaria, secundaria, diversidade e unha libre para os máis profesionais. García explicou que engadiuse nesta edición unha nova modalidade relacionada co mar proposta pola Mancomunidade Barbanza Arousa. Hai 1.800 euros en premios e repártense nas categorías a 300 euros agás na libre que é de 600 euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.