Xoel Ageitos Somoza, estudante de Ribeira, participa este sábado na Olimpíada Informática Galega

14 Febreiro 2025

Este sábado 15 de febreiro a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, en horario de 10 a 14:30 horas, acollerá a Olimpíada Informática Galega 2025 (OIG 2025), encontro organizo polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (UVigo, UDC e USC), co apoio da Facultade de Informática da Coruña da UDC e da Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo. Engadir que a organización da OIG pechou a inscrición do certame con 18 participantes. O estudante Xoel Ageitos Somoza, do IES Nº1 de Ribeira, forma parte deste grupo de novos talentos tecnolóxicos, tal como confirmou o Diario de Arousa. Xoel acode á cita deste sábado cos mellores precedentes, xa que participou na edición do ano pasado resolvendo tres dos seis retos de programación avanzada que se lle propuxeron e, ademais, leva dende o inicio do curso adestrándose nas formacións impartidas dende a Rede pola organización da Olimpíada Informática Española.

O programa da xornada deste sábado (Olimpíada Informática Galega) é o seguinte:

– 10 horas: Recepción dos e das estudantes e acceso ás aulas.

– 10:15 horas: Benvida por parte do comité organizador e presentación da Olimpíada.

Intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; o subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, Juan Carlos Vidal; o coordinador do Grao de Enxeñaría Informática da USC, Jorge Alberto Suárez; e o secretario do Departamento de Electrónica e Computación da USC, Juan Carlos Pichel.

– 10:45 horas: Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.

– 11 horas: Comezo da proba.

– 14 horas: Fin da proba.

– 14:15 horas: Acto de clausura, incluíndo a resolución do xurado.

Cómpre dicir que se inscribiron estudantes de entre 15 e 18 anos procedentes de 9 centros da comunidade galega: naturais da Coruña (1 participante), de Vigo (1), de Ribeira (1), de Santiago de Compostela (6), de Brión (2), de Negreira (2), de Burela (1), do Porriño (2), de Redondela (1) e de Vedra (1).

A finalidade desta Olimpíada Informática Galega 2025, encamiñada a estudantes de secundaria (ESO), Bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e das vocacións da Informática como disciplina.

Indo á competición, sinalar que consistirá na resolución de seis problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas da olimpíada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.

A olimpíada está habitualmente patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC. Nesta edición colaboran: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, amais de para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO.

Para rematar, informar que a OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXIX Olimpíada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (primeira vez que a olimpíada española se celebra en Galicia) evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. Da OIE, os gañadores e gañadoras poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.