
Un bo amigo, da capital, comentábame que non se cansaba de aconsellar aos seus fillos, en idade escolar, que se preparasen academicamente no noso país, sen necesidade de que saísen ao estranxeiro, de maneira involuntaria, traballando en España e arrimar o ombreiro para crear outra sociedade moito máis xusta que a herdada dos nosos pais e que nos leva a un continuo círculo de crise económica e de valores.
Alégrame saber que aínda quedan bos profesionais que prefiren quedarse no seu país para tomar parte activa no traballo polo futuro benestar dos seus concidadáns, sen pensar exclusivamente no seu propio interese persoal. Estas son as persoas que levarán adiante o cambio que o noso país e o resto dos 27 países da Unión Europea necesitan, dando prioridade aos cidadáns e ao esforzo colectivo en contra do enriquecemento fácil e dos usureiros e especuladores sen escrúpulos.
Todos temos a responsabilidade de aproveitar estas próximas décadas para transformar a sociedade, cambiando certas estruturas arcaicas e inxustas en favor da Xustiza Social e do benestar xeral da poboación. Os cidadáns temos a última palabra e de todos nós dependerá a felicidade das futuras xeracións.



