Un total de 960 persoas visitaron o poboado mineiro de San Finx durante o ano 2024

26 Febreiro 2025

Un total de 960 persoas visitaron o poboado mineiro das minas de San Finx durante o ano 2024, realizando un percorrido guiado polas instalacións da man de Mayte Sobradelo, licenciada en Historia e técnica municipal do Concello de Lousame, unhas visitas nas que as persoas asistentes puideron coñecen tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, amósase satisfeita polas cifras acadadas xa que “hai que ter en conta que o museo non estivo aberto todo o ano, ao carecer dunha técnica de turismo como en exercicios anteriores, polo que estas 960 persoas correspóndense con visitas organizadas a grupos que quixeron coñecer un anaco da historia e do patrimonio de Lousame”. De feito, nestes momentos a única posibilidade de visitar o Museo das Minas de San Finx é concertar unha visita, sendo preferíbel un mínimo de 10 persoas, chamando ao Concello de Lousame (981 820 494) ou enviando un mail a museominasdesanfinx@gmail.com.

As visitas guiadas ao poboado mineiro de San Finx son totalmente de balde, se ben a entrada ao complexo museístico ten un prezo de 2 euros, para persoas entre os 6 e os 64 anos, cunha tarifa reducida de 1 euro para persoas empadroadas en Lousame e grupos de escolares. A entrada é gratis para menores de 5 anos e persoas maiores de 65 anos.

Mayte Sobradelo indica que “ademais do verán, os meses nos que máis xente visita as minas son entre marzo e maio, que é o trimestre no que adoitan concertarse as visitas dos distintos centros educativos de Lousame e da contorna”. Unhas visitas que comezarán mañá mesmo, ás 12:00 horas, cunha expedición procedente de Rianxo.

Visitas guiadas

A visita guiada ofrece un percorrido polos edificios que formaron parte do complexo e que se sitúan no antigo poboado mineiro. Nun privilexiado entorno natural declarado Lugar de Interese Xeolóxico, accédese aos talleres, á sala de compresores e ao cuartel vello. A través dos mesmos, os visitantes poderán descubrir a historia dun xacemento de volframio e casiterita desde a chegada de empresarios ingleses a finais do século XIX ata os anos 90 do XX pasando pola época de explotación da II Guerra Mundial.

Despois, o grupo adoita visitar o centro de interpretación, onde pode ver unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio volframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas… Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.