Todas foron evacuadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Pasadas as 15 horas, os bombeiros composteláns contactaron co 112 Galicia e sinalaron que os alertaran dunha cociña ardendo na rúa dos Salgueiriños de Arriba.
De inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Nacional e Local.
Os Bombeiros controlaron rapidamente o lume, que comezou na campá extractora e calcinou a cociña por completo. Previamente, os ocupantes da vivenda trataran de apagalo cun extintor e tiveron que ser trasladados por inhalación de fume.
