Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica.
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado descenso, con xeadas xeneralizadas, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo do sur.

O noso mar: Vento do leste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá, mala á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove