Rois homenaxeará a mestra Marisa Neo nos actos polo Día da Muller o venres 7 de marzo

27 Febreiro 2025

O Concello de Rois conmemorará o venres 7 de marzo o Día Internacional da Muller con diversas actividades pensadas para visibilizar e recoñecer o labor das mulleres na sociedade. O auditorio acollerá a partir das sete da tarde a lectura da declaración institucional e a entrega do segundo Premio Extraordinario do Día da Muller a Marisa Neo Mejuto, mestra que promoveu nos anos 80 a construción do actual colexio dos Dices, no que foi xefa de estudos e directora. Tamén se entregarán os premios do Concurso de Carteis e pechará o acto o espectáculo de Raquel Queizás Historias da man de Alice Guy.

A mestra Marisa Neo, homenaxeada este ano polo Concello e a xente de Rois

Premio Extraordinario Día da Muller

O Goberno municipal de Rois instaurou o ano pasado o Premio Extraordinario Día da Muller co “obxectivo de recoñecer a mulleres do municipio que contan cunha destacada traxectoria no ámbito profesional e na mellora da comunidade”. Trala entrega do galardón na primeira edición á física Eva González Noya, toma agora o relevo a mestra Marisa Neo Mejuto.

Nada en Agolada no ano 1945, Marisa Neo incorporouse á docencia no ano 1968 e, tras un primeiro destino en Muxía, chegou ao municipio roisense para dar clases en Xei (Buxán) e finalmente en Rois no ano 1976. Durante os trinta anos que permaneceu no colexio de Rois formou varias xeracións de veciñas e veciños e foi unha das impulsoras da construción do actual colexio dos Dices, no que exerceu os cargos de xefa de estudos e de directora.

Nun tempo de grandes cambios sociais, Marisa Neo implicouse en diferentes causas educativas e sociais, como foron a creación no colexio de Rois dunha das primeiras asociacións de pais de alumnos, o impulso do uso do galego nas aulas e fomentar que mozas e mozos roisenses continuaran os seus estudos para chegar á universidade.

Logo de prexubilarse no ano 2006, Marisa Neo continúa vivindo en Rois xunto á súa familia e goza da súa xubilación pintando e escribindo poesía.

Máis actos

Os actos do Día da Muller continuarán coa entrega de premios do Concurso de Carteis que o Concello de Rois convoca cada ano entre os escolares do municipio coa idea de promover, a través da arte e da expresión plástica, a igualdade de xénero e a reflexión sobre os dereitos das mulleres e das nenas. Concédense dous premios por cada unha das nove categorías, que comprenden por idades ao alumnado que vai dende 1º de infantil ata 2º de ESO. A tarde pecharase con Raquel Queizás e o seu espectáculo para público familiar Cine de historias da man de Alice Guy, que achegará aos asistentes á vida e á obra da primeira persoa que dirixiu cine de ficción co obxectivo de contar unha historia e que, ademais de ser a directora dunhas 500 películas, foi tamén guionista e produtora.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

En Rianxo, a AECC pon en marcha o Club de Saúde

A Asociación Española Contra o Cancro pon en marcha en Rianxo o Club de Saúde, un programa gratuíto e dirixido a persoas con cancro, superviventes e familiares. De setembro a novembro, comezando o 24 de setembro, celebraranse oito obradoiros de saúde física, emocional...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.