Ribeira acolle a fase previa do Club de Debate Alingua os días, 24, 25 e 26 de febreiro

24 Febreiro 2025

Este 24 de febreiro deu comezo no Auditorio Municipal de Ribeira a fase previa do Club de Debate Alingua, un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade.

Este club de debates vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos concellos participantes e a rapazada que se anime a debater neste certame deberá agudizar o enxeño para buscar todas as argumentacións posíbeis para reforzar as ideas, o que “tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade e sempre coa axuda do profesorado que prepara os equipos”, sinalan dende a organización.

Ao abeiro desta iniciativa, numerosos colexios e institutos de Galicia trasladaranse a Ribeira dende este luns 24 ata o mércores 26 de febreiro, cando será a quenda ao concello de Ribeira representado polo Colexio Galaxia.

Nesta edición 2025 participan os concellos de Carballo, Dodro, Ferrol, Narón, Pontedeume, Pontevedra, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa.

Serán, en concreto, 32 equipos de debate procedentes dun total de 20 institutos dunha ducia de concellos galegos. Case 300 mozas e mozos demostrarán a súa habilidade coas palabras na procura dun oco na final, que se celebrará o próximo 26 de abril en Vilagarcía de Arousa.

Datas dos concellos na fase eliminatoria de Ribeira

●​ 24 de febreiro Santiago, Santa Comba e Carballo

●​ 25 de febreiro Teo, Rois, Dodro e Vilagarcía

●​ 26 de febreiro Pontevedra, Narón, Pontedeume e Ribeira

Surfistas da Lingua, Os Sofistas, Faladores, Os Gandariños, O Clan dos Estoicos, A Tropa dos Epicúreos, Oradores de Bergantiños… Son algúns dos nomes escollidos polos protagonistas, alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato dunha vintena de centros educativos, para o seu equipo. As dinámicas diarias de debate dos diferentes colexios e institutos transcorren dende as 9:00 h ata 19:20 h onde remata a xornada cunha entrega de premios.

O turismo: tema escollido para a fase previa da edición 2025

Entre as propostas realizadas polos propios centros educativos participantes, o turismo foi o tema elixido para estas fases clasificatorias na edición 2025. “A masificación turística é un problema en Galicia” será a afirmación sobre a que debaterán os equipos. Durante cada unha das xornadas, cada equipo participante deberá debater en dúas quendas, debendo adoptar en cada quenda unha das opcións: “a favor” e “en contra” da tese proposta. Un xurado integrado por cinco profesionais de diversas áreas puntuará as intervencións dos equipos.

Máis sobre o Club de Debate Alingua

Nas semanas previas á competición, todos os equipos de cada zona asisten conxuntamente a sesións formativas para familiarizarse co desenvolvemento dos debates e na que reciben asesoramento sobre técnicas de comunicación oral e argumentación. En 2025, esta formación realizouse nos concellos de Pontevedra, Rois e Narón, que acolleron en tres xornadas formativas os case 300 mozos e mozas participantes, incluíndo tamén simulacións de debate.

O Club de Debate Alingua promove a creación de espazos de socialización e convivencia para activar a lingua a través do conxunto de actividades propostas: as xornadas de formación e as intensas xornadas de debate, inclúen tempo para o lecer con actividades de convivencia

entre o alumnado participante. Os equipos gañadores das fases de zona e da final obteñen premios cos que acceden a contidos culturais ou a experiencias de convivencia e animación lingüística.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...