Preséntase a nova edición da andaina-ultrarail Os 100 do Barbanza e abre o prazo de inscrición

06 Febreiro 2025

No mediodía de hoxe, xoves 6 de febreiro, ás 12 horas presentábase de xeito oficial na Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal a X edición da andaina-ultratrail de 100 km Os 100 do Barbanza. Cómpre salientar que este acontecemento, xa consolidado como unha das probas de resistencia máis emblemáticas da Península Ibérica, percorrerá (como cada ano) os sete concellos da comarca do Barbanza. A saída terá lugar ás 16 horas do 21 de xuño na Pobra do Caramiñal, para continuar por Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira, antes de regresar ao municipio anfitrión.

Alén dunha proba deportiva, Os 100 do Barbanza busca pór en valor a riqueza paisaxística, cultural e histórica da rexión, levando ás e aos participantes por camiños ancestrais, sendeiros fluviais e corredoiras que atravesan contornas naturais de grande beleza.

Organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), esta é unha proba non competitiva de sendeirismo e ultratrail, na que as e os participantes deberán completar os 100 km nun máximo de 24 horas.

En canto ás inscricións, xa están dispoñíbeis a través da web oficial habilitada. A proba conta con só 300 prazas, polo que se recomenda ás e aos interesados formalizar a súa inscrición canto antes. O prezo de inscrición é de 70 euros até o 31 de marzo e aumentará a 90 euros até o 6 de xuño, data de peche do proceso.

A inscrición inclúe dorsal, medalla e diploma de participación, amais dunha camiseta da proba, unha bolsa de agasallos, seguros, o alugueiro de dispositivos de localización, avituallamentos tanto sólidos como líquidos e cea. Na comida final de confraternidade os participantes gozarán de produtos gastronómicos da zona para celebrar os logros e compartir experiencias entre todos e todas as participantes.

Para estar ao día de todas as novidades, as persoas participantes poden seguir as redes sociais oficiais en Instagram (@Os100doBarbanza) e Facebook (Os 100 dos International Trekkers).

A xeito informativo, sinalar que o organizador desta proba, o International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), é un club de montañismo integrado por afeccionados das comarcas de Sar (concellos de: Padrón, Rois e Dodro) e de Barbanza (concellos de: Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). Esta entidade foi fundada en 2013 co obxectivo de organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 quilómetros en 24 horas).

O ITBS está conformado por corredoras e corredores con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo frecuente a súa participación en marchas de 50 quilómetros en Galicia e o norte de Portugal ou a Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...