Plan Integral de Loita contra a pobreza e a exclusión social

28 Febreiro 2025

Esta semana, a Fundación Amigos de Galicia reforzou o seu compromiso coa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade mediante a entrega de produtos básicos en diferentes concellos galegos. Alimentos e outros produtos esenciais foron distribuídos en A Coruña, Ames, Arteixo, Carral, Culleredo, Fene, Ferrol, Val do Dubra, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Pontevedra, Redondela, Vigo e Taboada, permitindo apoiar a 117 familias e beneficiando a un total de 274 persoas, incluíndo 26 familias que recibiron atención por primeira vez.

Ademais, o Departamento de Traballo Social incorporou 30 novas solicitudes de asistencia ao Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, asegurando que máis fogares poidan acceder aos recursos necesarios para cubrir as súa necesidades básicas. No transcorrido do ano 2025, a Fundación Amigos de Galicia ten atendido a 808 persoas a través deste programa. Este labor conta coa colaboración da Dirección Xeral de Inclusión Social (Consellería de Política Social e Igualdade).

EMPREGO

Dende a Axencia de Colocación e o Servizo de Orientación Laboral, na última semana leváronse a cabo as seguintes atencións e insercións laborais:

  • Provincia da Coruña: 68 atencións relacionadas co emprego e 10 insercións laborais.
  • Provincia de Lugo: 31 atencións relacionadas co emprego e 3 insercións laborais.
  • Provincia de Ourense: 67 atencións relacionadas co emprego e 6 insercións laborais.
  • Provincia de Pontevedra: 90 atencións relacionadas co emprego e 17 insercións laborais.

No ano 2025, o departamento de Orientación Laboral realizou un total de 2.054 atencións e acadou 281 insercións de persoas en situación de desemprego. Ao longo do 2024, máis de 12.725 persoas recibiron apoio en temas de emprego, das cales 1.979 lograron incorporarse ao mercado laboral en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

ASESORAMENTO PSICOLÓXICO

O Departamento de Psicoloxía dedicou a última semana a atender as necesidades de 4 usuarios/as do programa de asistencia psicolóxica, procedentes dos concellos de Ourense, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, avaliáronse 8 peticións de persoas residentes en Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O 24 de febreiro, o programa de atención psicolóxica da Fundación Amigos de Galicia interveu en centros escolares do concello de Boiro, realizando sesións de seguimento a 8 menores e valorando a un total de 6 nenas e nenos que precisarán asesoramento psicolóxico durante o ano 2025. Ademais, o 25 de febreiro realizáronse actividades no CEIP Daría González García, en Pontevedra, e o 27 de febreiro no CEIP San Clemente de César, en Caldas de Reis. Nestes centros, leváronse a cabo proxectos de intervención en materia de prevención do acoso escolar baixo o título “Transformando as nosas aulas: Promovendo un ambiente escolar seguro e respectuoso”, alcanzando nesta semana un total de 182 menores.

No presente ano 2025, o Departamento de Psicoloxía realizou intervencións en centros educativos cun total de 1.113 menores atendidos.

PERSOAS MAIORES

Esta semana, a Fundación Amigos de Galicia desenvolveu actividades nos concellos de Sanxenxo e Soutomaior para dar continuidade aos programas iniciados en semanas anteriores. A través dos cursos de formación en novas tecnoloxías, no que vai de ano, un total de 85 asistentes da comunidade galega aprenderon diferentes funcionalidades dos dispositivos electrónicos. Estas formacións desenvólvense en colaboración cos diferentes concellos e contan co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de Inclusión.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.