Pastor Rodríguez participa este mércores nunha xornada sobre arte que poderá seguirse en directo da man do CCG

25 Febreiro 2025


Museos e coleccións é o título da cuarta xornada do ciclo Arte en tempo real que organiza este mércores 26 de febreiro (16:30 horas) a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega, que coordina Paula Cabaleiro. O director da Fundació Foto Colectania de Barcelona, Pepe Font de Mora; a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve e o director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira), Xoán Pastor Rodríguez, son algúns dos especialistas que asisten a esta cita que analiza a estrutura do sistema artístico. Rosario Sarmiento e Sofía Santos coordinan esta xornada presencial e que pode seguirse en directo a través da web e das redes sociais da institución.

Nesta cuarta xornada abórdase o papel dos museos e das coleccións de arte, pezas fundamentais da estrutura do sistema artístico.

A xornada comeza cun relatorio a cargo de Pepe Font de Mora, director de da Fundació Foto Colectania de Barcelona, unha entidade moi premiada que é un referente no eido da fotografía. Após a súa intervención falará Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, centro sito en Artes (Ribeira, A Coruña) que se encarga da colección, catalogación (a día de hoxe conta con 29.000 estampas), estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes ata os nosos días. Destaca tamén por recoller a variedade de técnicas artísticas que operaron desde o século XV ata o momento actual. Na súa colección hai obras de artistas internacionais como Goya, Rubens, Van Dyck, Toulouse-Lautrec, Saura, Ricardo Baroja, Eberhard Schlotter, Dalí, Alberti, Picasso… así como gravadores galegos como Alfonso Costa, Manuel Ayaso ou Novoa entre outros.

A segunda parte da xornada consta dunha mesa redonda Museos e coleccións en Galicia: presente e futuro, na que participarán Ángeles Tilve e Javier Buján, responsábeis do Museo de Pontevedra e a Fundación Laxeiro; xunto coa galerista Chus Villar, directora da única galería galega que participa na vindeira edición de ARCO 2025. Tamén participa o coleccionista Juan Outeiral Bar. A idea é abordar a situación actual e os parámetros cos que revisar os novos horizontes do coleccionismo na nosa comunidade.

Cinco citas coa situación da arte

Arte en tempo real é un ciclo de cinco xornadas que pretende coñecer, en boca dos seus protagonistas, o estado actual da arte na nosa comunidade. No outono de 2024 analizouse a difícil situación que viven os artistas e o comisariado a nivel actual. En 2025 falouse do papel actual das galerías de arte e o ciclo pecha en marzo cunha xornada sobre publicacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.