Padrón celebra o Día de Rosalía cunha xornada de actos institucionais, gastronomía e música

12 Febreiro 2025

Padrón, berce da escritora máis universal de Galicia, conmemorará o vindeiro domingo 23 de febreiro o Día de Rosalía cunha completa programación organizada polo Concello que se vai ver completada coas realizadas dende a Fundación Rosalía de Castro que preside Anxo Angueira. A xornada incluirá actos institucionais, degustacións gastronómicas e actividades culturais co obxectivo de reivindicar a obra da autora e manter viva a súa memoria.

Os actos darán comezo ás 13:30 horas no centro da vila cunha alborada cos xigantes de Rosalía e de Castelao cedidos polo Concello de Rianxo que percorrerán as rúas achegando a esencia popular da festividade.

O Concello de Padrón explica que “a presenza de Castelao nesta homenaxe responde á declaración do 2025 como Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento en Bos Aires, Arxentina”. Fontes do Concello engaden que “Rosalía de Castro e Castelao son dous exemplos de compromiso activo pola galeguidade, referentes imprescindíbeis da defensa da lingua, da xustiza social e do amor pola terra”.

De xeito paralelo ao desfile, os establecementos hostaleiros de Padrón ofrecerán degustacións de Caldo de Gloria, unha receita inspirada nos versos da propia Rosalía que simboliza a resistencia e dignidade do pobo galego.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, celebrarase o que en palabras do Concello constituirá “un dos momentos máis emotivos da xornada”: a tradicional ofrenda floral diante da estatua de Rosalía de Castro no paseo do Espolón. Este acto institucional renderá homenaxe á escritora, cuxo legado segue a ser un referente para a literatura e a identidade galega.

Os actos continuarán na Casa de Rosalía, onde ás 19:00 horas se celebrará unha nova degustación de Caldo de Gloria, nesta ocasión a cargo do cociñeiro Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués de Rianxo. Como peche da xornada, a cantante Antía Muíño ofrecerá un concerto ás 20:00 horas no auditorio da Casa de Rosalía, completando un día marcado pola cultura e a lembranza da escritora.

O Concello de Padrón convida a toda a cidadanía a participar nesta xornada de homenaxe a Rosalía de Castro, “unha oportunidade para lembrar a súa voz e seguir espallando a súa mensaxe de xustiza e liberdade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...