Os integrantes de Amicos convértense en feirantes ambulantes durante o seu gran festival de Entroido

27 Febreiro 2025

Un ano máis, a familia da asociación inclusiva da nosa comarca Amicos engalanouse para participar a tope do Entroido e desfrutar dunha xornada cargada de disfraces, música e moita diversión.

Este xoves, 27 de febreiro, o Centro de Atención Integral de Amicos converteuse nunha gran feira ambulante, onde os seus corredores serviron de escenario para un desfile cargado de atraccións, churros e moita música. Con este tema central, os e as participantes dos distintos obradoiros desfilaron polo corredor central do Centro de Atención Integral, emprazado en Boiro, a partir das 12.00 horas para mostrar os seus disfraces grupais, nos que levan traballando varias semanas.

Os preparativos estendéronse arredor de dúas semanas, durante as que os mozos e mozas crearon tanto os seus disfraces como a decoración do centro, que incluíu dende un posto de algodón de azucre ata un posto de flocos de millo.

Os encargados de abrir o desfile ao ritmo da música foron o grupo Os toritos bravos, aos que seguiron o grupo Os que jastan pista, caracterizados de coches eléctricos. A continuación foi a quenda dos peques de Amicos e a súa Viaxe á ilusión, na que representaron un gran carrusel, e tralos que desfilaron o grupo de O Saltón. Durante a segunda metade do desfile, pasearon polo corredor Flocos de Millo, Cola e DJ Otilio e O tren da bruxa. Tampouco faltaron @s churreir@s de Maruxa e Os viaxeiros do Barbanza, que prepararon un gran barco viquingo dos non faltan neste tipo de festas.

Ao remate do desfile, foi a quenda da entrega de diplomas entre @s participantes. Despois dunha intensa deliberación, o xurado formado por familiares e técnic@s declarou o seguinte palmarés:


O tribunal estivo formado por Nerea Montero e Iván Sánchez, alumnos-traballadores da formación dual Oficina de Validación Cognitiva; Teresa González e Marina, familiares de beneficiarios da entidade, e Araceli Rial e Paula Santamaría, traballadoras da mesma.Tralo concurso, a comunidade de Amicos desfrutou dun día cheo de música, doces típicos, baile e moita diversión.

Ademais da celebración deste xoves 27, os cativos e cativas da área de peques de Amicos festexarán un pequeno Entroido nas dependencias da asociación en Oleiros, Ribeira. Alí desfrutarán dunha mañá chea de música, baile, diversión e unha merenda conxunta. Se ben o xoves se adentraron nunha feira do máis intensa, o venres a rapazada poderá escoller o traxe que máis lle apeteza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.