A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro sábado 8 de marzo un dos Seminarios de Defensa Persoal Feminina promovidos pola Deputación da Coruña.
Este seminario, que está dirixido ás mulleres de entre 12 e 70 anos, será impartido no Polideportivo de Venecia da Pobra do Caramiñal. Alí, entre
as 10:00h e as 13:00h, as mulleres da Pobra terán a oportunidade de mellorar as súas capacidades en defensa persoal da man da Escola de
Defensa Persoal e Policial HFK. A inscrición ao seminario é en liña e de balde.
