Os colexios de Ribeira conmemoran a Rosalía cun recital e un concerto de María Faltri

20 Febreiro 2025

No marco das celebracións do Día de Rosalía en Ribeira, que se estenden ao longo de toda a semana (non só o domingo 23F, data oficial do aniversario do poeta), o Auditorio Municipal de Santa Uxía acolleu na mañá deste 20 de febreiro o espectáculo Os cantares de Rosalía, a cargo de María Faltri.

O concerto e o recital na honra de Rosalía contou coa participación da rapazada dunha manchea de colexios: CEIP Heroínas de Sálvora, CPR Sagrado Corazón, CPR Milagrosa, CEIP Frións, CEIP Olveira, CEP Carreira, CEIP O Grupo, CPR Galaxia, CEIP Palmeira, CEIP de Artes e CPR Amicos.

A continuación damos conta do programa de actividades de Ribeira na honra da autora de Follas novas e Cantares gallegos.

Programación

Día de Rosalía de Castro en Ribeira 2025

-Pre-estrea. Axudádeme a cantar de Felisa Segade e Montse Rivera

(A partir de Agora que vén a noite de Marcos Calveiro)

Data: 18/02/2025, martes

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino secundario.

-Acto de plantación da Figueira de Rosalía de Castro

Fundación Rosalía de Castro e Concello de Ribeira.

Coa participación do gaiteiro Alberto Millán

Data: 19/02/2025, mércores

Hora: 12.30 h

Lugar: Exterior da Casa da Xuventude (Avda. da Constitución)

-Día de Rosalía. Os cantares de Rosalía con María Faltri

Concerto e recital na honra de Rosalía

Data: 20/02/2025, xoves

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino primario.

-Día de Rosalía na Biblioteca Municipal de Ribeira

Data: 21/02/2025, venres

Horario: de 9 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira

As persoas usuarias da biblioteca poderán achegarse á obra de Rosalía e levarán un caravel para a súa honra e recordo.

-Rosalía Cantareira de Jara Ortiz

Obradoiro de pandeireta e espectáculo de narración oral para nenos e nenas

de 3 a 12 anos e as súas familias.

Data: 22/02/2025, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

-Caldo de Gloria. Día de Rosalía

Data: 23/02/2025, domingo

Os establecementos hostaleiros de Ribeira convidan a súa clientela ao Caldo de Gloria na honra de Rosalía. Cocoluche; Tagen Ata; Castelao; A Recoveira; Plaza; Pedra Pateira; D’Vicio; Central.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.