O Xoves de Abadesas de Cabo de Cruz (este 27 de febreiro) marca o inicio do Entroido no concello de Boiro

26 Febreiro 2025

Este xoves 27 de febreiro comezan oficialmente en Boiro as celebracións do Entroido organizadas polo Concello coa colaboración de distintas asociacións e colectivos. Máis polo miúdo, o programa de actividades arrinca en Cabo de Cruz coa celebración do Xoves de Abadesas. O día seguinte, 28 de febreiro, será o Venres de Abadesas en Boiro, que farán un percorrido pola rúa peonil acompañadas da charanga imperial.

O sábado día 1 de marzo a Comisión de Festas da Boliña organiza a súa XVI Festa da Orella no Campo de Revelar a partir das 19.00 horas e que contará con orella de porco, doces típicos do entroido e animación musical co Dúo Charada e DJ Jalaiko.

O mesmo día, a partir das 23.00 horas na praza de Galicia, Peñas Boiro AC organiza a súa proposta de sábado de entroido cunha festa cos djs Marcos Magán, Toni Seijas e Xacobo de Mínimo Eventos.

O domingo día 2 será o dia para os máis pequenos co desfile infantil que sairá ás 17.00 horas da praza da Mancomunidade e percorrerá a rúa peonil ata chegar á praza de Galicia, onde haberá unha gran chocolatada e festa infantil con DJ Matrek.

O martes de Entroido celebrarase o tradicional desfile e concurso de disfraces e carrozas que percorrerá as rúas de Boiro xunto coa Batucada Cadabatú, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e rematará na praza de Galicia con DJ Matrek.

A programación do Entroido en Boiro remata o domingo 9 de marzo co día dos enterros. A axenda desta xornada comeza en Cabo de Cruz co Entroido Crucense e o enterro do Farruco, continúa en Praia Xardín co enterro da Cunca, pola tarde será o enterro do Óso en Abanqueiro e rematará o día con enterro do Felipiño en Escarabote. Como de costume haberá un tren que percorra todos os enterros durante o día.

Programación do Entroido en Boiro

Xoves 27 de febreiro

Xoves de abadesas en Cabo de Cruz

Venres 28 de febreiro

Venres de abadesas en Boiro

Charanga imperial pola rúa peonil

Sábado 1 de marzo

19.00h – Entroido da Boliña XVI Festa da Orella (organiza: Comisión de Festas da Boliña)

23.00h – Festa de Entroido (organiza Peñas Boiro AC) na praza de Galicia

Domingo 2 de marzo

17.00h – desfile infantil pola rúa Peonil (saída da praza da Mancomunidade)

18.00h – chocolatada na praza de Galicia

18.30h – festa familiar con DJ Matrek na praza de Galicia

Martes 4 de marzo

18.00h – desfile e concurso de Entroido con Batucada Cadabatú, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e DJ Matrek

Domingo 9 de marzo

Día dos enterros: Farruco de Cabo, Cunca de Praia Xardín, O Óso de Abanqueiro, Felipiño de Escarabote e entroido crucense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.