O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou un encontro en Rianxo cos cinco proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade

27 Febreiro 2025

Este mércores 26 de febreiro, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou un encontro en Rianxo de cinco proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

A xornada foi dirixida a mostrar o proceso de traballo destas iniciativas innovadoras, ofrecendo unha visión en profundidade sobre proxectos que están a promover a transformación da xestión dos montes de Galicia. A cita foi no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, en Rianxo.

As entidades levan anos traballando en colaboración coas comunidades locais, desenvolvendo modelos que contribúan á preservación do medio ambiente e ao desenvolvemento rural do territorio galego.

Os proxectos seleccionados son:

-Laboratorio Ecosocial do Barbanza: Promove unha transición cara á sustentabilidade medioambiental e o aumento da resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

-CAPRIF-CC: Traballa no fortalecemento das capacidades das comunidades rurais a través da formación, a sensibilización, a aplicación de novos sistemas de gobernanza e o desenvolvemento de accións piloto innovadoras.

-Servizos Ecosostémicos Montes Periurbanos de Vigo: Aborda o reto de harmonizar o uso social e o aproveitamento económico dos montes co fin de garantir a súa conservación.

-Mixturando: Desenvolve novas estratexias para a valorización do bosque mixto Atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias.

-RuraltXa: Impulsa a bioeconomía rural mediante a revalorización da gandería extensiva de montaña, vinculándoa á conservación da biodiversidade.

A partir das 11:30 horas, as persoas asistentes participaron nunha saída de campo para visitar as accións do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Esta actividade permitiu observar de primeira man as boas prácticas implementadas e os resultados acadados, promovendo o intercambio de coñecemento e experiencias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.