O Goberno local de Boiro e o Comité de Empresa acordan a modificación da Relación de Postos de Traballo

17 Febreiro 2025

Logo de meses de negociación, na mañá deste 17 de febreiro o Goberno local e o Comité de Empresa do Concello de Boiro acordaron a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT). O alcalde, José Ramón Romero, presidiu a mesa de negociación na que participaron a concelleira de persoal, María Outeiral; o tenente de alcalde, Luís Ruiz; o concelleiro, Marcos Fajardo; membros do comité e representantes dos principais sindicatos.

Esta proposta, que será levada ao pleno para a súa aprobación por parte da Corporación local, implica unha modificación dos organigramas e funcións, así como unha actualización dos soldos e salarios dos traballadores e traballadoras municipais, para o que se vai destinar arredor dun millón de euros. “Facía máis de 20 anos que non se fixera unha revisión salarial dos empregados municipais”, afirmou o alcalde.

O acordo ratificado na mesa de negociación celebrada na mañá deste 17 de febreiro responde aos resultados da votación realizada na asemblea xeral, na que un 78% dos traballadores e traballadoras que participaron votaron a favor da proposta do Goberno local.

Este documento é o resultado dun traballo realizado polo goberno local e o Comité de Empresa xunto cos departamentos municipais de Secretaría, Intervención e Persoal. “É un documento ambicioso que levou meses de negociación pero que responde e unha demanda de anos dos empregados municipais e a unha necesidade de dar resposta ás novas necesidades xurdidas no Concello”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.