O Goberno de Boiro traslada ao conselleiro de Educación as deficiencias nos centros de ensino do municipio

05 Febreiro 2025

O Goberno local de Boiro, aproveitando a visita ao municipio do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, celebrada a pasada fin de semana, trasladoulle as deficiencias que presentan os centros escolares do municipio e que, segundo lle fixeron saber, “requiren da colaboración da Xunta de Galicia”.

Nunha breve conversa indicáronlle ao conselleiro que “son moitas as carencias dos centros escolares que exceden o mero mantemento e que precisan de atención por parte da Consellería que dirixe”. Os representantes municipais trasladáronlle as necesidades rexistradas en todos os centros pero especialmente fixeron fincapé no CEIP Praia Xardín que, segundo apuntaron, “require atención de urxencia”, tal e como indica o informe técnico do que se lle fixo entrega e que detalla as eivas, necesidade e perigos que presenta o centro escolar, “un dos máis antigos do concello”, lembraron.

Ao remate da conversa, os representantes da administración quedaron en manter unha xuntanza na que poder valorar máis polo miúdo as necesidades dos centros e as distintas fórmulas para poder facer fronte ás mesmas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.