O escritor afincando en Boiro Manuel Losada presenta en Goiáns, este venres, a súa novela de intriga “El banco de Carmen”

25 Febreiro 2025

O escritor Manuel Losada presentará este venres 28 de febreiro en Boiro a súa nova novela, El banco de Carmen. A cita será ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns

Manuel Losada. que leva sete anos vivindo en Boiro, ambientou na súa terra de adopción o seu novo traballo literario, que nos narra a historia dunha rapaza que, logo dunha noite de festa, queda a durmir nun banco. Trátase, segundo consta na súa ficha editorial, “dunha historia de misterio e intriga con personaxes reais”.

Sinopse

Para Carmen, as noites de festa xunto aos seus amigos en Boiro (A Coruña) eran unha vía de escape ás presións da universidade, a familia e o futuro incerto. Con todo, unha decisión equivocada cambiará o seu destino para sempre. Tras unha noite de diversión e excesos, Carmen queda durmida nun banco mentres os seus amigos, sen sospeitar o perigo, deciden continuar a festa sen ela. Cando volven buscala, Carmen desapareceu. O que parecía unha simple imprudencia xuvenil convértese nun pesadelo que sacudirá a toda a comunidade. A medida que a investigación avanza, o inspector Francisco Alcalde descobre un armazón de segredos, mentiras e personaxes poderosos que farán o imposíbel por enterrar a verdade. Mentres os seus amigos loitan contra a culpa e o remorso, no aire flota unha pregunta imposible de ignorar: quen levou a Carmen aquela noite e por que?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.