O conselleiro de Educación destaca a aposta pola innovación da empresa JJ Chicolino en Boiro

01 Febreiro 2025

O conselleiro de Ciencia, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, coñece os proxectos da firma, beneficiaria das axudas de I+D+i da Xunta por case 400.000€

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a empresa JJ Chicolino en Boiro, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo. Durante a visita, destacou o compromiso da firma coa innovación no sector da acuicultura e a pesca, ámbitos nos que conta con máis de 40 anos de experiencia.

JJ Chicolino foi beneficiaria das liñas de axuda da Xunta en materia de I+D+i para o desenvolvemento de tres proxectos tecnolóxicos. Durante o percorrido polas instalacións, Rodríguez animou a empresa a optar á nova convocatoria Nexos, que o Goberno galego lanzará no segundo trimestre de 2025 cunha dotación de máis de 20 millóns de euros, prevendo apoiar ata 50 proxectos e 200 beneficiarios.

O titular de Ciencia subliñou a importancia da colaboración entre empresas e centros de investigación para potenciar proxectos de I+D+i que xeren “valor e riqueza para a sociedade”. Ademais, avanzou que a nova liña de axudas incluirá cambios como a priorización de ámbitos temáticos concretos e a simplificación na xustificación dos custos, substituindo ao anterior programa ConectaPeme.

Proxectos innovadores de JJ Chicolino

Durante a vixencia do programa ConectaPeme, JJ Chicolino foi beneficiaria de tres proxectos: enCaixa, GOINg e Fillkit, cun financiamento total de preto de 400.000 euros.

  • enCaixa: Con máis de 244.000 euros de apoio, esta iniciativa buscou novas solucións de embalaxe de madeira para mariscos. O proxecto permitiu desenvolver un novo formato de caixa e un xemelgo dixital para optimizar o proceso de fabricación.
  • GOINg: A través da filial Rotogal, especializada en contedores isotérmicos e produtos de manutención mediante rotomoldeo, o proxecto centrouse na xeolocalización integrada en pezas rotomoldeadas e nunha plataforma de xestión de procesos mediante big data para loxística 4.0. O financiamento acadado superou os 104.000 euros.
  • Fillkit: Con 47.400 euros de axuda, o proxecto abordou o desenvolvemento de vivendas sostibles mediante un kit de autoconstrución transportable e ecoeficiente. A pesar de non alcanzar os obxectivos iniciais, conseguiuse un prototipo e unha experiencia valiosa para futuras iniciativas.

Con estas iniciativas, JJ Chicolino reafirma o seu compromiso coa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, consolidando o seu papel como referente no sector da acuicultura e a pesca en Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.