O Concello de Rianxo formará á mocidade en lingua de signos

14 Febreiro 2025

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Xuventude, organiza un curso de lingua de signos. Será unha formación de trinta horas correspondente ao nivel A1.1. O curso está dirixido á mocidade de 16 a 35 anos empadroada en Rianxo, se ben poderán acceder outras persoas no caso de que queden prazas dispoñíbeis, segundo confirmou a concelleira Ana Vidal, responsábel de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude.

As persoas interesadas en participar na actividade teñen até o 2 de marzo para facelo. Na web municipal teñen toda a información que precisen sobre o curso. Este celebrarase os días 11, 13, 18, 20, 25, 27 de marzo; 1, 3, 8, 10 de abril (martes e xoves), en horario de 16.30 a 19.30 h. As clases (30 horas de contidos) levaranse a cabo Aula Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo. Segundo confirmou a concelleira na presentación deste curso, o prezo será de 50 euros con versión reducida de 35 euros para persoas en situación de desemprego, estudantes, membros de familias numerosas, persoas con discapacidade e persoas vítimas de violencia de xénero).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.