O Concello de Boiro reforza o persoal de obras e servizos mediante unha subvención da Deputación

04 Febreiro 2025

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 52.000 euros para o reforzo de persoal de obras e servizos mediante o programa PEL Concellos 2025. En total está prevista a contratación de cinco peóns durante seis meses.

Coa súa participación neste programa, o Concello de Boiro busca “fomentar o emprego e a empregabilidade mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral así como reforzar os departamentos municipais dedicados aos servizos básicos como é a limpeza e mantemento de espazos públicos, iluminación pública, limpeza viaria, rede de sumidoiros…”, explicaron dende o Consistorio,

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña ten como obxectivo acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, calidade de emprego, benestar social e cohesión do territorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...