O Concello de Boiro abre o prazo de matrícula para as formacións AFD en Atención Sociosanitaria e Restaurante e Bar

06 Febreiro 2025

O Concello de Boiro promove, con comezo fixado para este mes de marzo, dous novos cursos formativos da modalidade de accións formativas para persoas desempregadas: por unha banda Atención Sociosanitaria a persoas no Domicilio e, pola outra, Operacións básicas de Restaurante e Bar. O prazo de matrícula xa está aberto.

O primeiro curso está previsto que se desenvolva entre o 17 de marzo e o 12 de setembro, impartirase en modalidade presencial de 9.00 a 14.00 horas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas. Trátase dunha actividade formativa con certificado con nivel 2 polo que se necesita o título de ESO, certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, cumprir o requisito de acceso a ciclos formativos de grao medio ou superar as probas de acceso.

A formación en Operacións básicas de restaurante e bar comezará o 3 de marzo e desenvolverase ata o 2 de xuño en modalidade presencial en horario de 15.00 a 20.00 horas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. Trátase dun curso con certificado nivel 1 polo que non existen requisitos académicos nin profesionais para o acceso.

As formacións son gratuítas e implican a realización de prácticas en empresas; está dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada. Todos os cursos formativos contan co módulo transversal de Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero e tamén sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A inscrición pode facerse directamente na Oficina Virtual de Emprego ou mediante o departamento de Emprego do Concello de Boiro, de forma presencial en Orientación Laboral, no teléfono 981 84 26 09 ou no enderezo electrónico emprego@boiro.gal.

Para levar a cabo estas propostas formativas o Concello de Boiro recibe da Consellería Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 175.976,70 euros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.