O Concello de Muros remata as obras levar o saneamento á Jardiña

10 Febreiro 2025

O Concello de Muros rematou as obras para implantar a rede de saneamento municipal na contorna da Jardiña. Trátase, sinalou a alcaldesa, María Lago, “dunha demanda histórica da veciñanza da Jardiña, que levaba 30 anos pedindo está actuación”. Pola súa banda, a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, sinalou que “estes traballos incluíron tamén a renovación do firme, mellorando a seguridade viaria”.

Engadiron que o proxecto para A Jardiña é tamén importante desde un punto de vista medioambiental, “xa que está nova rede de saneamento instalada polo concello elimina tres puntos de vertidos ao mar”.

“Dixemos desde o comezo do mandato que o noso obxectivo era reforzar os servizos públicos e renovar as infraestruturas municipais, mellorando a vida da veciñanza con este tipo de obras por todo o concello”, remata a alcaldesa de Muros.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.