O Arquivo da Catedral de Santiago pon na Rede o fondo fotográfico de José Limia

06 Febreiro 2025

Desde estes xoves 6 de febreiro é posible consultar no catálogo online do Arquivo da Catedral de Santiago o fondo fotográfico do sacerdote José Limia Rodríguez, constituído por un total de 193 negativos en placas de vidro realizadas entre 1894 e 1910, que chegaron ao arquivo por doazón de Anxo Porto Anido e que foron restaurados, dixitalizados e catalogados polo fotohistoriador Carlos Castelao no ano 2023 grazas a unha axuda económica da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Segundo informaron dende o Arquivo da Catedral, “atopámonos ante un dos conxuntos de negativos fotográficos en placas de vidro en mans dunha institución máis importante de Galicia na súa tipoloxía, isto é, daquelas producidas dentro do ámbito da fotografía de afeccionados entre finais do século XIX e principios do século XX”.

Un dos aspectos máis destacados é que as fotografías de Limia foron empregadas profusamente polo historiador e cóengo Antonio López Ferreiro para ilustrar a súa obra. En canto aos intereses temáticos que manifesta, hai sobre todo fotografía urbana (monumental e panorámica) e rural (monumental e paisaxística), pero tamén de eventos, ornamentación litúrxica, tapices e bordados, pintura e debuxo, escultura, ourivaría e artes decorativas, e, por fin, documentaria.

En canto ao ámbito xeográfico das tomas, ao redor dun 60% recollen aspectos relacionados con Santiago de Compostela, pero tamén con Padrón, Pontecesures, Betanzos, Brión, Caldas de Reis, Muros, Noia, Outes, Silleda (Carboeiro), Tui, Val do Dubra (Portomouro) e Vilagarcía de Arousa.

A este conxunto sumáronse recentemente outros 61 negativos do propio Limia que chegaron ao arquivo por vía de depósito en novembro do ano pasado, pertencentes á familia Lorenzo Sueiro, e que serán oportunamente tratados co obxectivo de incorporalos ao catálogo online, así como de realizar un estudo e unha exposición no futuro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.